Nun entorno natural autóctono, de vexetación atlántica de alta montaña, Espazo Os Tres Reinos atópase inmerso nunha gran carballeira, con cerca de 5000 metros cadrados de espazo para a diversión.
Este espazo de ocio está promovido pola Asociación Os Tres Reinos en colaboración coa mancomunidade de montes de Santigoso no Concello da Mezquita, os cales cederon o terreo sobre o cal se asenta o parque.
Nesta área podemos atopar un centro de actividades que farán as delicias de maiores e nenos, xa que existen actividades diferentes para cada idade.
Esperando que sexa do voso agrado, non dudedes en vir a visitarnos.
Como chegar:
Saimos da A-52 na saída 120, a altura do Concello de Mezquita (ultimo de Galiza), a 5 km da saída da Autovia nos atoparás. |